A concellería de Educación promociona os vieiros escolares seguros entre as familias dos centros de ensino

Iria Buide, concelleira de Educación, anunciou a posta en marcha dun servizo "que permite facilitar a conciliación familiar e os hábitos de vida saudables, ademais de reducir o tráfico na contorna dos centros de ensino".

A concellería de Educación enviará nos vindeiros días unha carta a todas as familias dos CIEP Albeiros, Casás, Luís Pimentel, Paradai e Rosalía de Castro explicando o funcionamento do servizo en cada un dos centros.

Domingo, 04 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Educación promociona os vieiros escolares seguros entre as familias dos centros de ensino

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, anunciou o comezo nos vindeiros días do proxecto "Camiño ás Aulas", os Vieiros Escolares Seguros que se organizarán nos CEIP Albeiros, Casás, Luís Pimentel, Paradai e Rosalía de Castro. Buide anunciou que nos vindeiros días, as familias dos CEIP Albeiros, Casás, Luís Pimentel, Paradai e Rosalía de Castro recibirán unha carta informando do funcionamento do servizo e do percorrido a seguir no seu centro.

Iria Buide destacou que a posta en marcha deste servizo "facilita a conciliación familiar, ademais de promover hábitos de vida saudables e reducir o tráfico rodado na contorna dos colexios".

O proxecto "Camiño ás Aulas" consistirá no acompañamento do estudantado por monitores todos os días do curso escolar. A ruta contará con distintos puntos de recollida para facilitar que as nenas e nenos se unan ao percorrido no punto máis próximo ao seu fogar, e a chegada aos centros realizarase, como máximo, 5 minutos antes da hora de entrada.

Iria Buide destacou que "nos últimos anos, esta actividade realizouse de xeito piloto no CEIP Albeiros, sendo un éxito de participación", e engadiu "agora damos un paso adiante e facilitamos esta actividade en máis centros escolares, achegando esta iniciativa a máis familias".

A posta en marcha dos vieiros escolares implica tamén "un cambio nas tendencias da mobilidade, reducíndose o uso do vehículo privado", explicou Iria Buide, que afirmou,  "as distintas iniciativas de calmado de tráfico executadas pola área de Mobilidade nos últimos anos permítennos que os distintos centros poidan contar con vieiros escolares garantindo a seguridade viaria ao desfrutar dun tráfico calmado".

O Goberno de Lugo inviste 17.844,75€ e unha duración dun ano prorrogable ata un máximo de tres anos.

Ruta CEIP Paradai

Rúa Santo Graal (cruce con Rúa Manuel María), Rúa Camiño Real, Rúa Menorca, Rúa San Lourenzo.

Rutas CEIP Albeiros

  • 1: Saída confluencia da Avenida da Coruña coa Rúa Xenebro (continúa por esta rúa ata o colexio).
  • 2: Saída confluencia da Avenida da Coruña coa Rúa Illas Canarias, Rúa Illa Madeira, Rúa Garaballa de Arriba.

Ruta CEIP Abella

Rolda do Carme con Marqués de Ombreiro, Avenida das Américas 36-38, Rúa Ameneiro, Rúa da Saúde, Rúa Orquídea.

Ruta CEIP Rosalía

Avenida da Coruña 53, Porta de San Pedro, Rúa San Roque, Rúa Cambria.

Ruta CEIP Luís Pimentel

Rúa Manuel María (aparcadoiro disuasorio), Avenida da Coruña, Rúa Ferreiriño, Rúa Lavandeira, Rúa Gallego Tato.

Noticias relacionadas