A actividade, que é gratuíta, desenvolverase do 23 ao 28 de abril. A mesma está dirixida a lucenses de 18 a 35 anos de idade, empadroados en Lugo
O número de prazas ascende a 50 prazas. A inscrición debe realizarse do 4 ao 8 de abril a través da web lugomasxti.org

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, abre o prazo de inscrición para que a mocidade lucense, entre 18 e 35 anos, se inscriba no curso de manexo de carretillas elevadoras.
A duración da formación, de carácter gratuíto, será de 8 horas (3 horas teóricas e 5 prácticas), e desenvolverase do 23 ao 28 de abril. Impartirase de xeito presencial no Polígono do Ceao.
O programa abre a posibilidade de formación para medio centenar de mozos e mozas da cidade. “É unha acción cun enfoque formativo que se adecúa ás necesidades reais nalgúns sectores, como o agroalimentario e de servizos, onde detectamos unha forte demanda de profesionais”, segundo o edil Mauricio Repetto.
A actividade enmárcase no programa ‘+Xti’, subvencionado nun 70% polo Plan de Prevención de Drogas e outras adiccións. A inscrición debe realizarse do 4 ao 8 de abril, a través da web lugomasxti.org. Os/as interesados/as deberán indicar en dita web a súa prioridade por asistir ao grupo A ou B.
Horarios do curso:
PARTE TEÓRICA
- Grupo A: 23 de abril, das 08.00 as 11.00
- Grupo B: 23 de abril, das 11.00 as 14.00
PARTE PRÁCTICA
Grupo A:
- 25 de abril, das 16.00 as 21.00 h (12 participantes)
- 26 de abril, das 16.00 as 21.00 h (13 participantes)
Grupo B:
- 27 de abril, das 16.00 as 21.00 h (12 participantes)
- 28 de abril, das 16.00 as 21.00 h (13 participantes)
Máis info
- Cartel "Curso Carretilla Elevadora" | Descargar pdf