A Concelleira de Muller e Benestar Social recibe no Concello a varios representantes da ONG Taller de Solidaridad

Luns, 23 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o representante de Taller Solidaridad en Lugo, Rafael Veiga, e representantes de tres microempresas pertencentes á ONG presentaron os proxectos de promoción económica que potencia a promoción da muller como o punto clave no desenvolvemento dunha comunidade en América do Sur. Estes proxectos fomentan o emprego das mulleres, apoian ás microempresas e proxectos educativos, principalmente dirixidos a dotar ás mulleres máis novas dunha formación profesional que lles permita escapar de redes de explotación e circuítos de marxinalidade ás que se ven abocadas.

A Concelleira manifestou a súa ledicia por esta visita e manifestou que “nestes tempos de crise non podemos esquecer a colaboración con outros países para que eles poidan chegar tamén ao desenvolvemento”. Basadre explicou que “ano tras ano, no Concello estamos a implicarnos cada vez máis nesta cooperación e sensibilización; de feito pasamos de investir nestas accións de 30.000 euros no 2003 ata os preto de 100.000 euros orzamentado para esta colaboración no 2009”.

Entre as ONG´s coas que colabora o Concello dende fai anos atópase Taller de Solidaridad, levando a cabo accións en países como na República do Congo ou na construcción dun taller de producción textil de baixos recursos en Filipinas. 

Nesta ocasión a ONG presentaba o seu proxecto de colaboración co desenvolvemento económico do Sur, para o que creou a Comercializadora TdS para promocionar e impulsar a venda e distribución dos produtos creados polos talleres e microemepresas baixo unha política de comercio xusto:

-Importación dos produtos a través de relacións de compra a longo prazo que asegure a continuidade dos proxectos prefinanciando aos produtores a compra de materia prima.

-Asesoramento aos produtores en deseño, xestión de empresa, marketing e técnicas de venda para incrementar a súa posición de negocio no mercado local.

-Distribución dos produtos en tendas especializadas de comercio xusto, tendas de produtos ecolóxicos e ONG´s. Tamén no comercio convencional que queira contribuir cos obxectivos do comercio xusto.

-Sensibilización como forma de potenciar no Norte unha sociedade crítica co modelo de relacións comerciais cos paises do Sur fomentando o consumo responsable.

Algunhas das micro empresas que xurdiron deste proxecto:

Urcos- Quispicanchi.- Perú. Sita na localidade andina de Urcos, na provincia de Quispicanchi, esta microempresa xurde no 2006 despois da iniciativa de 5 mozos formados no Taller de San José de Urcos, co que colabora Taller de Solidaridad na súa financiación. Deste taller xurdiron unhas 6 microempresas en textil, bisutería e muñequería que venden sobre todo ao mercado de Cuzco.

Taller Allinruaq.- Especializados na confección de produtos de bisutería, texidos e bordados a man, produtos que venden na súa maioría no mercado local a través da tenda de artesanías do Consorcio Trinidad Enríquez sita na Praza de Armas de Cuzco.

Taller Away.- Especializado na confección de muñequería con texidos e bordados a man, produtos que venden na súa maioría no mercado local a través da tenda de artesanías do Consorcio Trinidad Enríquez sita na Praza de Armas de Cuzco.

Proxecto Jóvenes Emprendedores del Colegio Público Nuestra Señora del Carmen.- Un maestro inculcará aos adolescentes coñecementos para promover a iniciativa microempresarial tas a saída do centro xa que moitos destos rapaces e rapazas non poderán chegar a estudar na universidade.

Multimedia

Noticias relacionadas