A Concelleira de Emprego inaugura no CEI dous cursos de formación para desempregados

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou dous dos cursos formativos que dende o Concello de Lugo ofrécense ós lucenses desempregados: Técnico en Seguridade Agroalimentaria e Sistemas de Autocontrol, e o de Experto en Software Ofimático Libre.

O nivel de interese despertado polos cursos foi moi elevado, sobretodo entre as mulleres que constitúen o 60% dos asistentes. Ademáis os cursos están adaptados para persoas con discapacidades que reciben formación persoalizada a través de programas virtuales.

Os coñecementos que adquirirán os asistentes ós cursos resultan fundamentais para traballar nos sectores económicos que xurdiron nos últimos anos. Estos sectores xeran un amplo abano de novas ocupacións e novas oportunidades de emprego e de negocios.

Dende o Concello de Lugo trátase de detectar e divulgar os cambios no mundo do traballo e orientar e capacitar as persoas con inquedanzas profesionales en todo o que se refire ás novas oportunidades de emprego e ós sectores económicos emerxentes.

O Goberno Local cree firmemente na súa obriga de proporcionar máis e mellores oportunidades para todos os cidadáns e, por iso, recúrrese ó Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (FIP) desenvolvido dende a Consellería de Traballo, no cal se inclúen as accións formativas que teñen por obxecto proporcionarlles ós traballadores desempregados as cualificacións requiridas polo sistema produtivo.

Noticias relacionadas