A Concelleira de Economía e Emprego presentou a xornada Liderando na empresa: Claves para liderar con eficacia impartida no CEI

Luns, 15 de decembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, foi a encargada de presentar axornada Liderando na empresa: Claves para liderar con eficacia, que se programou dende o Centro de Empresas e Innovación (CEI) que depende da súa área.
Esta xornada de 8 horas está dirixida a directivos e xerentes de empresa, responsables de equipos de traballo, responsables de RRHH e formación, emprendedores, e a todas aquelas persoas interesadas en potenciar a súa capacidade de liderado.
Está cofinanciada pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo e ten como obxectivo xeral que os participantes adquiran habilidades de liderado e técnicas de xestión e manexo de equipos de traballo.

Como obxectivos específicos plantexouse que os participantes sexan capaces de animar e motivar ás persoas para chegar ao máximo rendemento a través dunha resposta sensible e flexible das necesidades humanas, xestionando o cambio de modo positivo e proactivo a través da comunicación clara das súas expectativas, obxectivos e metas para o seu grupo e os seus colaboradores. O que se pretende ademais é que proxecten un estilo de liderado que recoñeza a xente, e que os convirta en individuos capaces de convertir unha forza de traballo diversa nun equipo produtivo e cohesionado.

Programa da xornada:
As xornadas, que se desenvolveron durante todo o sábado, trataron temas como

  • Mitos sobre o liderado
  • O líder e os seus seguidores
  • Rasgos e habilidades para un liderado eficaz
  • Liderado eficaz en cada situación
  • O poder do empoderamento
  • Estratexias para desenvolver as habilidades de liderado.

Noticias relacionadas