Comezan os traballos de reurbanización na contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia

A alcaldesa Paula Alvarellos supervisou o inicio da obra de renovación e ampliación das beirarrúas nas vías adxacentes ao complexo administrativo.

Os traballos dotarán dun novo sistema de alumeado público de máxima eficiencias que dará servizo as rúas Serra de Outes e Saúde así como nos espazos para aparcadoiros da zona.

O proxecto está concebido para que os peóns gañen espazo e rediseñan a zona baixo criterios de perpectivade xénereo, o que supón unha modernización total deste punto neuralxico do barrio.

Luns, 22 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan os traballos de reurbanización na contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia

Esta mañana comezaron os traballos de reurbanización na contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia. A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada pola edila de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, supervisou o inicio da oba de renovación e ampliación das beirarrúas nas vías adxacentes ao complexo administrativo. “O obxectivo deste importante investimento é acometer unha modernización dos espazos públicos neste punto neuralixico do barrio da Residencia. Estamos seguros de que este proxecto contribuirá a mellora dos acceso aos equipametos da zona, non só no CIS, senón tamén no transporte público, nos espazos para aparcadoiros ou nos espazos comerciais actuais e futuros do barrio ao tempo que permite que os peóns gañen espazo e favorece a socialización”, sinalou a rexedora.

Este proxecto, que supón un investimento próximo aos 250.000 euros, servirá para renovar e ampliaciar as beirarrúas nas vías adxacentes ao complexo administrativo e dotará a zona dun novo sistema de alumedado público diseñado baixo criterios de perspectivas de xénero.  Ademais os traballos, cuxo prazo de execución será de tres meses, prevén a instalación dun sistema de tecnoloxía LED de máxima eficiencia enerxética.

Esta rede dará servizo a toda a contorna do complexo administrativo, incluíndo as vías de trásito de vehículos e as zonas peonís.  Así mesmo, estará xestionada por un cadro de mando que permitirá unha adminsitración intelixente dos recursos enerxéticos. En total está previsto instalar un sistema capaz de soportar unha potencia total de  8.215 watios, o que supera as necesidades da nova instalación, permitindo así futuras ampliacións.

De forma complementaria, o Executivo local aposta pola reposición completa das beirarrúas nas vías adxacentes ao complexo administrativo que, en moitos puntos, serán ampliadas ata un mínimo de 1,8 metros de ancho. Do mesmo xeito, serán instalados novos sumidoiros nas zonas que así o requiran para evitar apozamentos de auga e realizarase unha disposición dos elementos urbanos que permita un uso máis racional do espazo. “Co novo redimensionamento das zonas peonís buscamos unha mellora substancial da accesibilidade ao tempo que se amplia a zona de tránsito promovendo un incremento da actividade social neste punto do barrio da Residencia.”, explicou Alvarellos.

“Este investimento busca unha dinamización comercial e social do barrio da Residencia. Ao abordar a planificación e deseño desta obra de modernización cunha perspectiva de xénero, maximizamos os beneficios para os e as residentes das rúas Serra de Outes e Saúde, así como para os usuarios e as usuarias da zona, atendeno as necesidades específicas das mulleres e promovendo contornas urbanas máis inclusivase seguras, como estamos a facer en outras zonas da nosa cidade”, concluíu a alcaldesa.

Multimedia

  • Comezan os traballos de reurbanización na contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia
  • Comezan os traballos de reurbanización na contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia

Noticias relacionadas