Comeza a mellora estética da praza de Santo Domingo, dentro da peonalización de Quiroga Ballesteros

Rubén Arroxo: “o treito peonalizado ampliarase á actual estrada de Santo Domingo, entre Quiroga Ballesteros e a saída do aparcadoiro subterráneo”

Os traballos na praza de Santo Domingo comezarán nos vindeiros días

Martes, 27 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a mellora estética da praza de Santo Domingo, dentro da peonalización de Quiroga Ballesteros

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que nos vindeiros días dará comezo a mellora estética da praza de Santo Domingo, dentro das actuacións relacionadas coa peonalización de Quiroga Ballesteros. Rubén Arroxo explicou que “modificamos o proxecto de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros, ampliando a zona de actuación ao primeiro treito da praza de Santo Domingo, mellorando a estética deste treito, dando continuidade ao resto da actuación”.

A ampliación consistirá en aumentar o terreo a pavimentar, intervíndose no treito de dobre curva que se atopa pegado á saída do aparcadoiro soterrado de Santo Domingo. Esta ampliación non suporá un custo a maiores dado que se puido cubrir co orzamento da obra, Arroxo explicou que “con esta ampliación gañaremos uns 120 metros cadrados de espazo humanizado, sen supoñer un custo a maiores no prezo final da actuación”.

O Tenente de Alcalde afirmou que “malia que este treito non estaba contemplado no proxecto, unha vez recibimos o visto bo por parte dos técnicos municipais tomamos esta decisión”, e destacou “o bo ritmo ao que avanza a actuación, que permitirá gañar un espazo peonil moi importante no centro de Lugo”.

Audio

  • O edil de Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a peonalización de Quiroga Ballesteros | Descargar mp3

Multimedia

  • Comeza a mellora estética da praza de Santo Domingo, dentro da peonalización de Quiroga Ballesteros
  • Comeza a mellora estética da praza de Santo Domingo, dentro da peonalización de Quiroga Ballesteros

Noticias relacionadas