A cidade de Lugo acolle entre os días 10 e 12 de outubro o I Concurso Hípico de Salto de Obstáculos San Froilán 2014

Martes, 07 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo representante de Cabalosport, José Poch, o Presidente de Cruz Vermella Lugo e fundación Fudace, Luis Abelleira, e o Campion de Galicia de Salto de obstáculos, Guillermo Araújo, presentaron o I Concurso Hípico de Salto de Obstáculos San Froilán 2014. No acto tamén estiveron o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandio, e o Xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López.

Esta competición que ten unha categoría de dúas estrelas dentro dos concursos nacionais de salto de obstáculos celebrase entre os días 10 e 12 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. As inscricións xa están pechadas xa que haberá 150 cabalos e máis de 100 xinetes que competirán en diferentes categorías. 
López Orozco lembrou que “hai moito tempo no campo do Polvorín tamén se levaban a cabo competicións de hípica e foise perdendo co tempo e por iso agora apoiamos esta iniciativa para recuperar esa afeción ao deporte cos cabalos con este concurso que ten o éxito asegurado”. 
Así, José Poch informou que as persoas que se acheguen poderán desfrutar de oito categorías diferentes para cabalos e ponis con obstáculos de alturas de 0,5 metros, de 0,8 metros, de 1 metro de altura, de 1,10 metros de altura e para os ponis clasificaranse en categoría A, B, C, e D.  Ademais a pista de competición terá unhas dimensións de 55x40 metros. 
As entradas será gratuita para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos que se poden mercar na taquilla dende as 10 da mañá dos mesmos días do evento xa que é a hora do comezo. “Unha metade da recadación será donada para a Cruz Vermella e a outra parte irá destinada para a Fundación Fudace polo que estou moi agradecido por esta iniciativa” explicou Luis Abelleira.
Para máis información na web da Real Federación Hípica Española www.rfhe.com.

Multimedia

Noticias relacionadas