A Casa da Muller organiza unha viaxe a Lisboa na fin de semana do 13 ao 15 de abril

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Casa da Muller do Concello de Lugo organiza unha nova viaxe destinada a mulleres do termo municipal. Esta actividade consistirá nunha estancia en Lisboa, entre o 13 e o 15 de abril.

Como en anteriores ocasións, o número de prazas está limitado pola capacidade do autobús, polo que a inscrición pecharase cando o cupo esté cuberto.

O prezo da viaxe será entre 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús. O percorrido será por Lisboa, Sintra, Cascais e Estoril con volta a Lugo.

Por outra banda, o Servizo de Animación Sociocultural do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, realizará mañá a visita guiada á exposición “O esplendor da cerámica española”, da colección Fundación Francisco Godia, organizada pola Fundación Caixa Galicia.

Esta visita terá lugar de doce a unha do mediodía e nela participarán unhas 30 persoas dos centros sociais municipais de Lamas de Prado, Fingoi e Uxío Novoneyra.

Noticias relacionadas