A carreira popular Corre con Nós encherá de atletas a zona norte de Lugo este domingo

Máis de 2.800 corredores disputarán esta competición, que terá un recorrido de 5 quilómetros para os adultos e entre os 300 metros e os 2,5 quilómetros para as categorías infantís

Xoves, 10 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Circuíto Corre con Nós

O entorno do Centro Comercial As Termas presenciará este domingo, 13 de marzo, a carreira popular Corre con Nós, enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, que engloba 6 carreiras ata xuño, sendo esta a segunda cita, pois a programada como segunda na estrada do Rato foi aprazada polas malas condicións meteorolóxicas. Trátase dunha competición que terá un recorrido duns 5 quilómetros para os adultos e entre os 300 metros e os 2,5 quilómetros para as categorías infantís.

Corre con Nós enmárcase na nosa aposta por fomentar actividades físicas deportivas así como no noso compromiso co deporte, en todas as modalidades e para todas as idades”, subliñou Fernández, ao tempo que fixo fincapé no elevado número de participantes que unha vez máis concentra o Corre con Nós, máis de 2.800 neste caso, que engloba tanto afeccionados ao atletismo como deportistas profesionais, “o que da conta do éxito desta proba que está xa máis que consolidada”.

Saídas

A carreira partirá do aparcadoiro superior do centro comercial entre as 12:00 e as 12:30 para a categoría mini (nados no 2010 e 2011), a categoría A (nados no 2007, 2008 e 2009), B (2004, 2005 e 2006) e C (2001, 2002 e 2003). Ás 12:45 horas terá lugar a saída para a categoría adulta. Neste caso o trazado será unha mestura de asfalto e terra.

As vindeiras probas do circuíto terán lugar o sábado, 3 de abril e o domingo 17 de abril, así como o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño.

A recollida de dorsais dos novos inscritos ou de todos aqueles que non o fixeron para a proba anterior farase na tenda de deportes Ndorfina Sport, na praza de Campo Castelo, ata o sábado 12.
Máis información en www.lugo.gal

Audio

Multimedia

  • Circuíto Corre con Nós Menores

Noticias relacionadas