Benestar amplía as actividades e o tempo do programa ‘Lugo móvese cos maiores’, no que participaron máis de 800 persoas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, compartiu esta tarde unha xornada de ximnasia coas persoas participantes, ás que animou a continuar coas actividades durante este verano.

O obxectivo do Concello de Lugo e incentivar a mobilidade dos maiores de 65 anos co fin de que gocen dun ocio saudable e combater ademais a soidade non desexada.

O programa, que se alongará ata agosto, sumará aos paseos por Lugo e as actividades físicas que xa desenvolve, roteiros pola zona rural dirixidos tamén por monitores.

 As rutas guiadas requiren de inscrición do 5 ao 7 de xullo, pode realizarse de maneria  presencial, no CC Maruja Mallo ou a través o correo: animacion.sociocultural@lugo.gal.

Xoves, 03 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Benestar amplía as actividades e o tempo do programa ‘Lugo móvese cos maiores’, no que participaron máis de 800 persoas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, compartiu esta tarde unha xornada de ximnasia na praza de Viana do Castelo coas persoas participantes no programa ‘Lugo Móvese cos Maiores’, posta en marcha pola área de Benestar co fin de realizar con este colectivo actividades ao aire libre e, polo tanto, máis seguras debido as restricións sanitarias.

A rexedora, acompañada da concelleira de Benestar, Inclusión e Maiores, Olga López, anuncioulles, ademais, que tras o éxito de participación o programa alongarase durante os meses de verán, ata agosto.

“Ata máis de 800 persoas gozaron de actividades coma a de hoxe ou dos diferentes roteiros que puxemos en marcha pola cidade", avanzou. Neste senso, lles animou a seguir participando e a realizar exercicio físico, de forma grupal e segura, fomentando así a socialización entre a poboación maior de 65 anos e unha maneira saudable de pasar o tempo de libre.  “Aínda que o proceso de vacinación avanza, quedan por diante meses que afectarán especialmente aos máis vulnerables e é necesario levar a cabo actividades coma esta que axuda a combater a soidade non desexada ao tempo que se realiza exercicio” explicaba Méndez.

Neste senso, a área de Benestar, pon novamente á disposición dos nosos maiores unha programación de cara ao verán, “previo análise das necesidades e demandas deste colectivo”, comentou López Racamonde e terá lugar nos meses de xullo e agosto. Como novidade, anunciou que “incorporamos rutas guiadas polo rural ademais dos roteiros e actividades de ximnasia na prazas e parques da nosa cidade, en pequenos grupos e sempre guiadas por polos monitores do servizo de animación”.

‘Lugo móvese cos maiores’ é unha iniciativa contemplada no programa municipal de animación sociocultural, onde se levan a cabo actividades pensadas para atender demandas e necesidades, tanto físicas como emocionais deste colectivo adulto.

As rutas guiadas polo rural 4, en total terán lugar todos os venres cada 15 días, o punto de encontro será desde a Praza Bretaña e sempre baixo as restriccións sanitarias en vigor en cada momento. Previa inscrición do 5 ao 7 de xullo presencialmente no CC Maruja Mallo ou a través o correo: animacion.sociocultural@lugo.gal.

  • 9 xullo: Vía Küning: Corgo – Lugo
  • 23 xullo: Camiño Primitivo: Lugo – San Romao da Retorto
  • 6 agosto: Camiño Primitivo: Castroverde - Lugo
  • 20 agosto: O Vello Lugo Agrario

Repiten as rutas guiadas pola cidade, 4 en total que se desenvolverán todos os venres cada 15 días, todas con saída desde a Praza Maior e sempre baixo as restriccións sanitarias en vigor en cada momento. A duración de cada unha delas será dunha hora e media.

  • 16 xullo: Lugo Romano Muralla e Ventás arqueolóxica
  • 30 xullo: Lugo Episcopal e Conventual
  • 13 agosto: Lugo Palaciego pazos e casas señoriais
  • 27 agosto: Lugo Histórico Museo Provincial

As actividades de ximnasia nas prazas impartiranse os luns e mércores nas seguintes ubicacións.

  • Praza das Illas (Montirón)
  • Praza da Milagrosa
  • Parque da Milagrosa
  • Praciña da Igrexa (Sagrado Corazón)
  • Praza Roxa (Fingoi)

E os martes e xoves:

  • Praza Maior (Centro)
  • Praza do Castiñeiro (Lamas de Prado)
  • Praza de Viana do Castelo (Piringalla)
  • Augas Férreas (Próxima á zona universitaria)

Vídeos

  • Benestar amplía as actividades e o tempo do programa ‘Lugo móvese cos maiores’, no que participaron máis de 800 persoas (Vídeo 1) | Descargar mp3
  • Benestar amplía as actividades e o tempo do programa ‘Lugo móvese cos maiores’, no que participaron máis de 800 persoas (Vídeo 2) | Descargar mp3

Multimedia

  • Benestar amplía as actividades e o tempo do programa ‘Lugo móvese cos maiores’, no que participaron máis de 800 persoas

Noticias relacionadas