A bandeira xitana ondea no Concello de Lugo con motivo do Día Internacional deste pobo

Xoves, 07 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo súmase á conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano coa colocación o 8 de abril dunha bandeira no edificio consistorial. Esta data recorda o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 9 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.

A solicitude chegou a través da Fundación Secretariado Xitano, para facer máis visible a unidade e a diversidade dos xitanos e xitanas de todo ou mundo.

Alén deste xesto simbólico, a Administración local, a través da área de Benestar Social, cederá un espazo no centro de convivencia de Fingoi para celebrar nas instalacións municipais o concerto flamenco ‘Son de Lugo’ que terá lugar o sábado, 9 de abril, ás 18:30 horas.

Noticias relacionadas