Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A bandeira xitana ondea no Concello de Lugo con motivo do Día Internacional deste pobo

A bandeira xitana ondea no Concello de Lugo con motivo do Día Internacional deste pobo

  • Tema
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Inclusión
Xoves, 07 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo súmase á conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano coa colocación o 8 de abril dunha bandeira no edificio consistorial. Esta data recorda o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 9 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.

A solicitude chegou a través da Fundación Secretariado Xitano, para facer máis visible a unidade e a diversidade dos xitanos e xitanas de todo ou mundo.

Alén deste xesto simbólico, a Administración local, a través da área de Benestar Social, cederá un espazo no centro de convivencia de Fingoi para celebrar nas instalacións municipais o concerto flamenco ‘Son de Lugo’ que terá lugar o sábado, 9 de abril, ás 18:30 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/bandeira-xitana-ondea-no-concello-de-lugo-con-motivo-do-dia-internacional-deste-pobo