A asociación Alume reivindica o Dia Mundial da Saúde Mental cun mural no Parque da Milagrosa

Venres, 10 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, asistiron esta mañá a inauguración dun mural elaborado por membros da asociación Alume e que ten como lema Nós tamén pintamos algo.

López Orozco animounos a seguir traballando como ata agora xa que “fan un labor importante e ademais son unha parte fundamentais na sociedade”.  Esta obra reivindicativa realizouse con ocasión do Dia Mundial da Saúde Mental que se conmemora todos os 10 de outubro.

Este mural situado nun dos exteriores da piscina descuberta de verán representa un océano que está formado por multitudes de seres que o conforman nunha clara alusión á sociedade actual que está formada por todo tipo de persoas e onde os enfermos mentais tamén teñen que ter o seu propio espazo segundo explicou Manuel Fernández, Presidente de Alume. Para a súa elaboración contaron coa colaboración de Quique Bordell.

Multimedia

Noticias relacionadas