A área recreativa dos Robles acolle este domingo a 3ª Regata Galega de Infantís e Alevíns

Neste evento, que dará comezo ás 11:00 horas, daranse cita máis de 400 padexeiros de 37 clubs de toda Galicia

Xoves, 19 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área recreativa dos Robles acolle este domingo a 3ª Regata Galega de Infantís e Alevíns

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o presidente e o vicepresidente do Club Fluvial, Tito Valledor e Luis Ramos Misioné, o Xefe Provincial de Deportes, Manuel Otero “Cadramón”, un representante da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Brea, un dos técnicos de piragüismo do Club Fluvial, Héctor Fernández,  e o delegado provincial de piragüismo, Martín Carballo, presentaron este xoves a 3ª Regata Galega de Infantís e Alevíns, que terá lugar este domingo a partir das 11:00 horas nas inmediacións da área recreativa dos Robles.

O Concello colabora con este evento deportivo posto que se enmarca dentro da súa aposta por fomentar a práctica deportiva ao tempo que se promove a cidade de Lugo. Así o asegurou Miguel Fernández durante a presentación deste evento, no que se darán cita máis de 400 padexeiros de 37 clubs de toda Galicia, “o que dá boa mostra da gran afluencia de participantes”.

O evento contará cun total de dez probas, que comezarán pola mañá ás 11:00 horas coa proba das rapazas alevíns A e seguidamente ás 11:20 horas será a dos rapaces alevíns A. Posteriormente, ás 11:45 horas terá lugar a categoría dos infantís B. Logo, ás 12:15 horas sería a probas dos rapaces infantís B K-1 e ás 12:45 horas as canoas de infantís A e as rapazas K-1 dos infantís B. Para finalizar a mañá, ás 13:15 horas, partirán os rapaces infantís A K-1. As distancias dos alevíns A sería dunha volta de 1.500 metros e os infantís de canoas ou kaiaks sería 3.000 metros con dúas voltas.

A saída será nas proximidades dos caneiros das Illas, indo río arriba ata os 750 metros e volvendo ao caneiro de saída, onde estará a meta. Os pequenos realizarán unha volta e os maiores farán dúas voltas a ese circuíto.

Noticias relacionadas