A área municipal de Medio Ambiente limpa as letras de benvida a Lugo, que sufriron un acto vandálico

Luns, 02 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área municipal de Medio Ambiente limpa as letras de benvida a Lugo, que sufriron un acto vandálico

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisaba as tarefas de limpeza das letras de benvida a Lugo, na Avenida Madrid, tras os actos vandálicos sufridos o pasado domingo, que “xa está loce en perfecto estado”.

As tarefas, leváronse a cabo por un equipo formado por dous técnicos, que aplicaron un produto decapante especial para pintura lacada e auga a presión. Os traballadores tiveron que repetir este mecanismo varias veces para que desaparecesen as pintadas.

Fernández manifestou que “dende o Concello facemos unha chamada ao civismo, ao tempo que solicitamos a colaboración de todos para denunciar este tipo de actos vandálicos que afean o entorno, deterioran os inmobles e o mobiliario urbano e danan a imaxe da nosa cidade”.

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, lembra, que a cidadanía pode solicitar o servizo de limpeza de pintadas, sendo necesario cubrir o impreso que figura na seguinte ligazón da páxina web do concello: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/limpeza-de-fachadas. Debendo achegar a solicitude debidamente cumprimentada e a documentación acreditativa da propiedade ou representación da comunidade de propietarias e propietarios do edificio.

Audio

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre a limpeza das letras de benvida a Lugo | Descargar mp3

Noticias relacionadas