A Área de Xuventude e Deportes colabora coas xornadas de tecnificación do Campus Kingtela

“Lugo é deporte e iniciativas como esta son fundamentais para que na nosa cidade medren deportistas de élite”, recordou o edil Jorge Bustos.

Martes, 06 de agosto de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Área de Xuventude e Deportes colabora coas xornadas de tecnificación do Campus Kingtela

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, visitou hoxe as xornadas de tecnificación premium do Campus Kingtela, impulsadas polos irmáns Erik e Sergi Quintela, nas instalacións de Frigsa, cedidas polo Concello de Lugo.

Durante a visita, na que estivo acompañado polos irmáns Quintela, Jorge Bustos destacou a importancia de iniciativas como esta para o desenvolvemento deportivo da mocidade. "Lugo é deporte e iniciativas como as xornadas de tecnificación do Campus Kingtela son fundamentais para que na nosa cidade medren deportistas de élite como quen hoxe me acompañan e tantos outros en diferentes disciplinas”, apuntou.

Bustos subliñou tamén o compromiso do Goberno local para fortalecer o tecido ascociativo deportivo da cidade: "O noso traballo céntrase en dotar de recursos e infraestruturas en óptimo estado ás nosas asociacións e clubs deportivos, garantindo así un futuro próspero para o deporte en Lugo."

Multimedia

  • A Área de Xuventude e Deportes colabora coas xornadas de tecnificación do Campus Kingtela
  • A Área de Xuventude e Deportes colabora coas xornadas de tecnificación do Campus Kingtela

Noticias relacionadas