As tarefas de desbroce realizaranse na rúas Alicia Vilas, Ulises Romero e San Cibrao, nestas dúas últimas ata a conexión coas rotondas da Rolda Leste.
A limpeza que terá lugar dende 8 ao 13 de febreiro, comprende roza, varrido, baldeo e desatasco de canalizacións.
- Tema

A concelleria de Medio Ambiente, iniciará na semana próxima as tarefas de desbroce, de tres rúas próximas ao HULA, concretamente en San Cibrao, Ulises Romero e Alicia Vilas. No caso de San Cibrao e Ulises Romero os traballos realizaranse ata a conexión coas rotondas da Rolda Leste.
A limpeza viaria, que se fai de xeito integral, comprende roza, varrido, baldeo e desatasco de canalizacións e terá lugar dende o 8 de febreiro ata o 13 do mesmo mes en horario de 07.00h a 20.00h. Contará cun dispositivo de limpeza composto por un tractor con rozadora e maquinista, dous peóns con rozadoras manuais un peón con soplador, un equipo mixto de desatasco e limpeza de sumidoiros con maquinista e un peón, unha varredora con maquinista e unha cisterna de baldeo mixto con maquinista e un peón.
Tal e como explicou o edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos ,”trátase de mellorar a visibilidade na nosa rede viaria, así como as comunicacións e a seguridade das persoas que circulen por ela", asegurou o edil, quen remarcou que "en definitiva, trátase de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, asegurándolles a súa comodidade".