O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, supervisou esta mañá os traballos, que se concentraron no treito comprendido entre o Balneario e as instalacións de O Muíño e que continuarán co acondicionamento do firme.
O dispositivo, composto por unha brigada dotada cun tractor e cinco operarios, se encargou de rozar e limpar a maleza para mellorar o estado no que se atopa este sendeiro peonil.

O tenente de alcaldesa e responsable da área de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisou hoxe o inicio dun operativo especial de limpeza no Paseo do Miño.
“Unha intervención que se está executando no treito comprendido entre o Balneario e as instalacións de O Muíño e coa que pretendemos mellorar unha contorna que é moi frecuentada pola veciñanza no seu tempo de lecer e para a práctica deportiva na natureza”, explicou o edil.
O dispositivo mobilizado pola área de Medio Ambiente componse dunha brigada dotada cun tractor e cinco operarios que, provistos do material necesario, como poden ser varias sopladoras e motoserras, fixeron fincapé na roza da vexetación e na retirada da maleza que había na zona.
“Tarefas que continuarán co acondicionamento do firme neste mesmo tramo durante os vindeiros días e que redundarán no estado no que se atopa un dos principais roteiros peonís cos que contamos no municipio”, sinalou o concelleiro.
Os labores súmanse aos que xa se están a realizar na cidade, dentro da planificación da Concellería de Medio Ambiente, tanto por parte dos operarios municipais como das empresas que se encargan do mantemento dos espazos axardinados da capital.