A área de Deportes revalida o seu apoio ao Cros Ponte Romana, que este ano rende tributo a Alessanda Aguilar

O Executivo de Lara Méndez traballa para que o circuíto se atope en óptimas condicións durante o transcurso da proba.

A carreira contará cun amplo elenco de deportistas de alto nivel entre os que se atopan Adrián Ben e Marqués, Laura Santos ou as lucenses Xela Martínez, Isabel Caeiro ou Sara López.

Xoves, 02 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Deportes revalida o seu apoio ao Cros Ponte Romana, que este ano rende tributo a Alessanda Aguilar

O executivo de Lara Mendez, a través da concellería de Deporte que dirixe Jorge Bustos, revalida un ano máis o seu apoio ao Cros Ponte Romana, que na súa sexta edición servirá para homenaxear a carreira deportiva da Alessandra Aguilar Morán, unha icona nacional nas especialidades de campo a través e Maratón. “Continuando coa nosa política de colaboración total co tecido asociativo, e co obxectivo de atraer probas de calidade como esta, traballamos para que esta fermosa homenaxe se desenvolva dentro dos parámetros de excelencia deportiva que merece”, sinalou Bustos.

Non en vano,  o Goberno local traballa estes días para que o circuíto se atope en óptimas condicións durante o transcurso da proba, que se desenvolverá esta fin de semana nas inmediacións do río Miño. A carreira contará cun amplo elenco de deportistas de alto nivel entre os que se atopan Adrián Ben, Águeda Marqués, Laura Santos ou as lucenses Xela Martínez, Isabel Caeiro ou Sara López.

Nesta sexta edición, se repetirá o formato de dobre xornada. O sábado día catro, a partir das 16 horas, terán lugar carreiras mixtas e unha proba non competitiva para crianzas. O domingo, a partir das 10 horas, desenvolverase o programa de competicións individuais e un cros popular.

Noticias relacionadas