A área de Deportes mobiliza 1’1 millóns de euros para impartir formación deportiva nas instalacións municipais

A Xunta de Goberno Local validará mañá a segunda prórroga do contrato co que o Executivo de Lara Méndez pretende ofertar á veciñanza unha ampla programación de ocio saudable.

Na sesión desta semana outorgaranse tamén 3 licenzas urbanísticas para diferentes actuacións no termo municipal.

Martes, 16 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Deportes mobiliza 1’1 millóns de euros para impartir formación deportiva nas instalacións municipais

O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Deportes que dirixe Mauricio Repetto, mobilizará un total de 1.171.222 euros para impartir formación e actividades deportivas nas instalacións municipais durante o próximo ano.

A Xunta de Goberno aprobará mañá a segunda prórroga do contrato co que se pretende ofertar á veciñanza unha ampla programación de ocio saudable.

O prego, renovado a principios de mandato, incluía, entre outras melloras a ampliación do horario das piscinas cubertas de Frigsa que abren as súas portas ás 7 da mañá para que a cidadanía poida facer uso delas, se o desexan, antes de ir a traballar. E no caso das Pedreiras, as instalacións non pechan tampouco ao mediodía en días laborais e poden empregarse tamén os domingos pola mañá.

Aspectos, todos eles, que segundo indicou o edil “teñen en conta as necesidades e demandas das e dos usuarios dos centros deportivos da capital, co obxecto de poder ofrecerlles un servizo máis eficaz”.

“Alén dese incremento, a prestación experimentou melloras relacionadas co mantemento, a limpeza e a conservación das dependencias, na atención ao público e mesmo no seguimento das queixas e suxestións realizadas así como o reforzo dos medios dispoñibles para dar unha resposta áxil as posibles incidencias que poidan producirse”, indicou Mauricio Repetto.

Xa noutra orde de asuntos, igualmente na sesión desta semana, o equipo de Goberno autorizará a adxudicación, en dous lotes, de placas balísticas (36.971 €) e de uniformes (33.548 €) para a Policía Local así como a continuidade do servizo de reparacións na rede de saneamento.

Por outra banda, se outorgarán tres licenzas urbanísticas para proceder á modificación da distribución e da escaleira dun inmoble na rúa San Pedro (12.732 €) e da estrutura de dúas naves en construción no polígono das Gándaras (20.644 € e 18.094 €).

Audio

  • O edil de Deportes, Mauricio Repetto, sobre a prórroga de actividades deportivas | Descargar mp3

Noticias relacionadas