Ana González Abelleira participou este fin de semana no V Encontro das Culturas

Luns, 28 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Segundo as últimas estatísticas, case 5.600 veciños de Lugo son inmigrantes

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, participou este fin de semana nas actividades do V Encontro das Culturas, organizados polo Concello, e que tiña como obxectivo sensibilizar á poboación de Lugo sobre o fenómeno migratorio.

Esta era a quinta edición dos encontros polo que, se pode considerar, que é unha actividade consolidade na cidade e que con este tipo de actividades se dan a coñecer outras culturas. En Lugo están empadroadas 5.597 persoas inmigrantes.

Así, o xoves 24 foi o día adicado ó traballo asociativo, cun un debate no Centro Cívico María Balteira, ás 19.30, co que se pretende visibilizar o traballo que desenvolven distintas asociacións e entidades de iniciativa social. Nela estiveron representadas a Fundación Juan Soñador, que tratou o tema da interculturalidade na infancia; Enxeñería sen fronteiras que tratou o tema do voluntariado participativo como ferramenta de cambio tanto no norte coma no sur; e A cova da Terra que falou das alternativas sobre xustiza nas relacións comerciais e como isto serve de instrumento para facer cooperación. O día 25 foron as propias persoas que viviron o fenómeno migratorio os que contaron as súas experiencias persoais, en dous contextos sociais e históricos distintos.

Finalmente, o sábado 26 de maio, tamén no Centro de Convivencia María Balteira, os protagonistas foron as asociacións de persoas inmigrantes.

Multimedia

Noticias relacionadas