Alvaro Santos mantivo unha reunión con Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo e afirma que “Lugo é unha cidade absolutamente salubre”

Alvaro Santos afirma que “Lugo é unha cidade absolutamente salubre”

O edil Álvaro Santos destaca que “A ratio de avisos recibidos por cada 10.000 habitantes é sensiblemente inferior a outras localidades”

En 2019 recibironse 98 avisos e todos foron atendidos

Xoves, 06 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alvaro Santos mantivo unha reunión con Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo e afirma que “Lugo é unha cidade absolutamente salubre”

O Concelleiro de Medio Ambiente Alvaro Santos mantivo unha reunión esta mañá con membros da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, entre eles o Vicepresidente, José Manuel Cela; o Secretario, Jacobo García-Bobadilla e o Vocal, Manuel Fernández. Co fin de non trasladar a cidadanía unha imaxe equivocada de Lugo, reiterando que “Lugo é unha cidade absolutamente salubre” na cal os locales de hostalería e alimentación cumplen o 100% cas suas obligaciones en materia de saúde publica, así como tamén o fai o Concello de Lugo nos espacios públicos.

Santos fixo un chamamento civismo e pediu colaboración cidadá á hora de sacar lixo e depositalo nos lugares adecuados e no horario establecido, manter inmobles como é debido e non depositar posibles alimentos en espazos non dispostos para elo, pero tamén ós grupos politicos que ademáis de cuestionar a labor do goberno local colaboren e non creen alarmas innecesarias. 

“Aplicamos 3.500 tratamentos de desratización, en rexistros, rede semafórica e alumeado público no 2019 e os 98 avisos que recibimos foron todos atendidos” destacou o edil ademáis de informar que o ratio de avisos anual é de 10 por cada 100.000 habitantes, moi inferior ao de outras cidades que se atopa en torno ao 20%.

O edil recordou que dende a área de Medio Ambiente o Concello de Lugo desenvolve dúas fases de choque dividindo a cidade en 8 sectores e atende o 100% das alertas e avisos que chegan ao Goberno local:

  • Sector 1: Zona de Sagrado Corazón / As Gandaras
  • Sector 2: Zona Parque de Bombeiros – Albeiros e Parque Milagrosa
  • Sector 3: Zona Rúa Lamas de Prado, Nacional VI e Avda. Coruña.
  • Sector 4: Zona Ronda da Muralla, Paseo Ponte Vella-Ctra. Nacional VI e Rúa Lamas de Prado.
  • Sector 5: Zona Ronda de Fingió, Parque Rosalía de Castro e Parque da Granxa.
  • Sector 6: Zona Ronda das Fontiñas (dende Carril da Flores ata Rúa San Xillao) e Ronda das Mercedes.
  • Sector 7: Interior Muralla.
  • Sector 8: Polígono do Ceao.

Recordar que os avisos poden facerse directamente a través do 010, Liña Verde, Policía Local ou directamente no servizo de medio ambiente, “e son atendidos sempre”.

Audio

  • O Concelleiro de Medio Ambiente Alvaro Santos, sobre a reunión coa Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo| Descargar mp3

Noticias relacionadas