Manuel Núñez recibiu a un grupo de 50 nenos e nenas deste colexio lugués
Xoves, 17 de novembro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, recibiu este xoves no Salón de Plenos a un grupo de 50 nenos e nenas de ao redor de 8 e 9 anos do Colexio Salesianos de Lugo. Durante o encontro, os cativos e cativas amosaron a súa curiosidade polo labor desempeñado por parte do Goberno Municipal. “Abrir o Concello á cidadanía é sempre gratificante, e moito máis cando os visitantes son nenos e nenas en idade escolar, con ansias de aprender”, subliñou o edil