Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alumnos e alumnas do Colexio Salesianos interésanse polo labor do Goberno nunha visita á Casa Consistorial

Alumnos e alumnas do Colexio Salesianos interésanse polo labor do Goberno nunha visita á Casa Consistorial

Manuel Núñez recibiu a un grupo de 50 nenos e nenas deste colexio lugués

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino
Xoves, 17 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnos e alumnas do Colexio Salesianos interésanse  polo labor do Goberno nunha visita á Casa Consistorial

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, recibiu este xoves no Salón de Plenos a un grupo de 50 nenos e nenas de ao redor de 8 e 9 anos do Colexio Salesianos de Lugo. Durante o encontro, os cativos e cativas amosaron a súa curiosidade polo labor desempeñado por parte do Goberno Municipal. “Abrir o Concello á cidadanía é sempre gratificante, e moito máis cando os visitantes son nenos e nenas en idade escolar, con ansias de aprender”, subliñou o edil


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alumnos-e-alumnas-do-colexio-salesianos-interesanse-polo-labor-do-goberno-nunha-visita-casa