Alexandre Penas anuncia que a tenencia de alcaldía adquirirá 7 novas marquesinas

Penas: "Continuamos a mellorar o servizo de transporte público atendendo a solicitudes da veciñanza".

O Goberno de Lugo instalará as novas marquesinas na N-640, rúa Castelao, Infanta Elena, rúa Amizade, rúa Montero Ríos, avenida de magoi e avenida Fábrica da Luz.

Venres, 21 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alexandre Penas anuncia que a tenencia de alcaldía adquirirá 7 novas marquesinas

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a traballar na adquisición de 7 novas marquesinas para o bus urbano. Penas explicou que "continuamos a mellorar o servizo de transporte público, atendendo ás solicitudes que nos chegaron por parte da veciñanza reclamando novas marquesinas en distintas zonas da cidade".

Penas destacou que "mes a mes estamos vendo como cada vez máis persoas optan polo bus urbano, e desde a Tenencia de Alcaldía seguimos a traballar para que usar este medio de transporte sexa cada vez máis cómodo para a veciñanza".

As novas marquesinas ubicaranse nas paradas N-640, pista aserradeiro, dirección centro; Rúa Castelao, 53; Avenida Infanta Elena, rotonda dirección centro; Rúa Amizade, 1, esquina rúa Quiroga; Rúa Montero Ríos, fronte ao 83; Avenida de Magoi, 92, fronte ao Gadis e Avenida Fábrica da Luz, Pazo de Feiras.

"Seguimos traballando na ampliación do mobiliario urbano, escoitando sempre as solicitudes da veciñanza e buscando a mellora da imaxe da cidade", afirmou Alexandre Penas, que engadiu "avanzamos de cara a unha mobilidade máis ecolóxica na que a xente aposte polo transporte urbano no canto de usar o vehículo privado".

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre as marquesinas do bus | Descargar mp3

Noticias relacionadas