A alcaldesa recibe ao novo xefe dos Servizos Sociais do Concello

Venres, 16 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe ao novo xefe dos Servizos Sociais do Concello

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e as edís de Gobernanza, Paula Alvarellos, e de Benestar, Olga López Racamonde, recibiron esta mañá ao novo xefe de Servizos Sociais do Concello, que hoxe tomou posesión do seu cargo, en comisión de servizo, para a cobertura temporal do posto.

“Súmase, así, ao cadro de persoal municipal un novo efectivo co que se fornecerá a organización interna da área de Benestar, efectivizando os recursos dos que dispón este departamento que presta un labor fundamental, especialmente neste momento, á cidadanía lucense, sobre todo á máis vulnerable e a que precisa dunha maior atención e apoio por parte da administración”, sinalou a rexedora que aproveitou o acto para darlle a benvida ao novo traballador e “desexarlle moita sorte e moito acerto” na andaina que inicia hoxe.

Carlos Castiñeira é licenciado en Dereito e Humanidades e Diplomado en Criminoloxía e, ata a data, exercía como funcionario xeral da Administración de Xustiza.

Noticias relacionadas