A Alcaldesa pon en valor o papel da Facultade de Humanidades no desenvolvemento do campus e da cidade no día do seu patrón

Lara Méndez, Javier Bueno e María Isabel González entregaron os premios extraordinarios de grao e máster

Martes, 26 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa pon en valor o papel da Facultade de Humanidades no desenvolvemento do campus e da cidade no día do seu patrón

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este martes aos actos conmemorativos de San Isidoro, Patrón da Facultade de Humanidades. No acto, no que participaron o Vicerreitor de Coordinación, Javier Bueno, a Decana da Facultade, María Isabel González, e os profesores Max Jean e Felipe Arias, a rexedora puxo en valor a Facultade de Humanidades, “que ten moitísima máis importancia da que lle damos, pois traballa de forma trasnversal, traballa o pensamento, a base do coñecemento e a base da cultura”. Neste senso, Lara Méndez fixo fincapé na importancia das humanidades para outras ciencias.

Así mesmo, a Alcaldesa destacou o traballo desta facultade en prol do desenvolvemento do campus e da cidade, así como na difusión da cultura e do patrimonio cultural, tanto como recurso como motor económico.

Durante o transcurso do acto, no que se fixo un recoñecemento público das contribucións feitas ao centro universitario polos ex vicerreitores, Méndez, Bueno e González fixeron entrega dos premios extraordinarios do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, así como do Máster Universitario en Servizos Culturais, o primeiro en impartirse de xeito semipresencial.

Pola súa banda, Bueno e González realizaron unha traxectoria pola evolución experimentada por este centro, o mellor valorado polo estudantes.

Multimedia

Noticias relacionadas