“Estamos a falar dunha audiencia media diaria de 1,3 millóns de espectadores en España; retransmisións en 190 países e 76 horas de sinal en directo internacional, o que sen dúbida supoñerá un gran impacto na proxección da nosa imaxe como cidade”, sinalou.
Tras o protocolario corte de cinta, a rexedora puxo en valor o esforzo do seu Executivo para que Lugo albergara un dos principais eventos ciclistas do mundo e que ademais o fixera coas máximas garantías de seguridade.
“A caravana de La Vuelta move diariamente máis de 2.500 reservas para pasar a noite, algo do que tamén se beneficia a nosa hotelaría e hostalería, con todas as implicacións que esto supón na dinamización da nosa economía”, apuntou Alvarellos Fondo.
- Tema

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, destacou esta mañá no protocolario corte de cinta da decimo terceira etapa da Vuelta a España a importante proxección internacional que Lugo acada acollendo a saída desta proba deportiva. “É fundamental destacar a repercusión deste evento e analizar as súas enormes repercusións positivas para Lugo. A proxección de imaxe que recibe o noso muinicipio como sede desta carreira vaise traducir a medio prazo nun retorno económico dificilmente igualable por outro evento deportivo. Estamos a falar dunha audiencia media diaria de 1,3 millóns de espectadores en España; retransmisións en 190 países e 76 horas de sinal en directo internacional”, sinalou a rexedora.
Así, Alavarellos Fondo quixo pór en valor o gran esforzo do Goberno local para que Lugo albergara un dos principais eventos ciclistas a nivel muindial e que ademais o fixera coas máximas garantías de seguridade e baixo os máis altos estándares de calidade. “Hoxe asistimos á saída de etapa, pero para acoller unha proba deste nivel e necesario realizar un arduo traballo previo que implica tempo e a dedicación de moitos recursos municipais. Neste sentido, o labor dos departamentos implicados, que estiveron cooridandos por Jorge Bustos como edil de Deportes, comezou hai meses. Desde entón foron longas xornadas de traballo que agora se ven recompensadas con este magnifico espectáculo”, afirmou.
“Foi necesario cumprir moitas esixencias técnicas para poder atender as necesides loxísitcas que implica un evento destas dimensiones, como a subministración de enerxía, a reordenación do de tráfico ou a seguridade cidadá e viaria dentro da zona urbana. Pero sen dúbida o esforzo valeu a pena. A caravana da Vuelta move unha media diaria de 2.500 reservas para pasar a noite, algo do que tamén se beneficia a nosa hotelaría e hostalería, entre outros sectores, con todas as implicacións que esto supón na dinamización da nosa economía local”, explicou a rexedora.
No acto de hoxe, a alcaldesa de Lugo, estivo acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e polo presidente da Deputación provincial, José Tomé, encargado do corte de cinta xunto a rexedora. “Gusataríame agradecer ao presidente a súa implicación e a súa disposición para acadar o obxectivo común de que Lugo fora sede desta saída nunha etapa ademais chamada a marcar o futuro da proba”, sinalou Alvarellos.
Pola súa banda, o mandatario provincial insistiu no “importantísimo retorno económico” que este evento supón para o territorio e que a institución provincial patrocina con 40.000 euros. Tomé Roca puxo en valor La Vuelta como una proba que está na elite do ciclismo, ao nivel doutras citas mundiais como o Giro de Italia ou o Tour de Francia. E puxo o acento nun seguimento que superaos 400 millóns de espectadores de máis de 190 países, xerando “un grao de exposición mundial imposible de alcanzar doutro modo, cun retorno en promoción turística moi superior ao gasto”.
Por último, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou a colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para dar cobertura e seguridade á 79ª edición da Volta Ciclista a España ao seu paso por Galicia. Blanco, acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, agradeceu o traballo dos axentes de Garda Civil e da Policía Nacional na organización desta proba e lembrou á cidadanía a importancia de seguir as súas indicacións para que La Vuelta discurra con normalidade.



