A Alcaldesa participa na inauguración da I Feira de Mostras de Lugo, que reúne a 120 empresas de España e Portugal

Xoves, 22 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na inauguración da I Feira de Mostras de Lugo, que reúne a 120 empresas de España e Portugal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Presidente da Deputación, Darío Campos, o presidente da Federación de Autónomos de Galicia, Francisco Javier Pérez Bello, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, o xerente do Pazo de Feiras, Rubén López, e o director da I Feira de Mostras de Lugo, Luis Fraga, inauguraron este xoves no Pazo de Feiras e Exposicións da cidade este evento.

Nesta primeira edición da cita, coa que colaboran Concello e Deputación, e que terá lugar ata o domingo, participarán máis de 120 empresas de todos os sectores, así como entidades e institucións de toda España e Portugal, que exporán en máis de 200 stands diferentes produtos de alimentación, hostalería, mobles, decoración, informática ou seguros, entre outros. A Alcaldesa destacou a proxección no exterior e o retorno económico que supón este evento para Lugo.

Noticias relacionadas