A Alcaldesa e o voceiro municipal secundan a concentración da Residencia

Xoves, 15 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e o voceiro municipal secundan a concentración da Residencia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o voceiro municipal, Miguel Fernández, secundaron este xoves unha vez máis a concentración convocada pola Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia para seguir reivindicando a dotación de servizos neste barrio.

Na xuntanza reivindicativa, a rexedora afirmou que “Concello e veciños seguiremos loitando polo futuro da Residencia”. Nesta liña, a Corporación Municipal e representantes veciñais traballan a través da Mesa pola Dinamización da Residencia por impulsar medidas que revitalicen o barrio.

Noticias relacionadas