Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa e o voceiro municipal secundan a concentración da Residencia

A Alcaldesa e o voceiro municipal secundan a concentración da Residencia

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Asociacionismo
Xoves, 15 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e o voceiro municipal secundan a concentración da Residencia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o voceiro municipal, Miguel Fernández, secundaron este xoves unha vez máis a concentración convocada pola Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia para seguir reivindicando a dotación de servizos neste barrio.

Na xuntanza reivindicativa, a rexedora afirmou que “Concello e veciños seguiremos loitando polo futuro da Residencia”. Nesta liña, a Corporación Municipal e representantes veciñais traballan a través da Mesa pola Dinamización da Residencia por impulsar medidas que revitalicen o barrio.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-e-o-voceiro-municipal-secundan-concentracion-da-residencia