Adxudicado por 67.200 euros o mantemento e conservación das 73 áreas de xogo infantís da cidade

Realizaranse traballos de inspección, mantemento, reparación e substitución dos elementos e dos xogos infantís, limpeza das áreas de xogos, reparación das superficies e pintado dos carteis indicativos, entre outros

A Xunta de Goberno aprobou este mércores sacar a contratación o servizo de mantemento técnico e dos contidos do portal municipal, por 82.600 euros

Posta en marcha a Oficina de asuntos do rural, na 3ª pranta do Centro de Servizos Administrativos do Concello. Ofecerá apoio, información e asesoramento para todos os temas do medio rural

Mércores, 07 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Adxudicado por 67.200 euros o mantemento e conservación das 73 áreas de xogo infantís da cidade

A Xunta de Goberno deste mércores acordou adxudicar o mantemento e conservación integral das 73 áres de xogos infantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais da cidade de Lugo, á mercantil Lappsett España VR S.L. por 67.200 euros para a primeira anualidade. Así o deu a coñecer o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen subliñou que a duración do contrato será de catro anos, con posibilidade de prórroga por períodos máximos anuais, sen que en ningún caso poida superar os 6 anos, e que a adxudicataria se comprometeu a executar unhas melloras totais de 76.300 euros.

Tal e como explicou o edil, os traballos acometeranse nas áreas de xogos infantís do Parque de Rosalía de Castro, nas costas do Parque, Sagrado Corazón, Parque da Milagrosa, Albeiros, Miño, Abella, Paxariños, Feiral, Os Robles, polígono das Gándaras, Carballeira da Estrada da Granxa, Parque de Marcos Cela, Avenida de Magoi, Campo Castelo, San Roque,  Praza Roxa, Illa Verde, Montirón, xardín do Sagrado Corazón, Quinta de Pérez, Praza de San Loureiro, entre o Carril das Flores e o Carril das Hortas, Casas Sindicais, Fonte dos Ranchos, Praza de Alacante, Praza da Milagrosa, rúa río Avia, rúa Casas Vellas, Camiño de Romai, Aquilino Iglesias Alvariño, Avenida das Américas, rúa Galicia con San Roque, Praza Viana do Castelo, Praza do Castiñeiro, Catasol, rúa Novo Freire, As Termas, rúa Río Mandeo, rúa Angelo Colocci con rúa das Fontes, e coa rúa Gallego Tato, Ronda do Carme con Marqués de Ombreiro, Augas Férreas, unidade de actuación Sur-2 (Montirón), Aquilino Iglesias, números 22-26, Carballeria Grande de Aceña de Olga, polígono das Gándaras, Costas do Parque, gardería San Xiao, Ronda das Mercedes, San Friz, unidade de actuación Norte B, N1 e N2 en Garabolos,  Nóreas, Paradai e Orbazai, así como nos circuítos biosaudables da Fonte dos Ranchos, Albeiros, Rosalía de Castro, As Gándaras, na unidade de actuación Norte B e en Nóreas.

Realizaranse traballos de inspección, mantemento, reparación e substitución dos elementos e dos xogos infantís, de limpeza das áreas de xogos, da reparación e conservación das superficies, solos e pavimentos de seguridade, do mantemento, reparación e pintado dos paneis e carteis indicativos e de información, así como dos peches perimetrais das áreas e dos elementos dos xogos infantís.

Portal web municipal

Na sesión deste mércores, acordouse  sacar a contratación o servizo para o mantemento técnico e dos contidos do portal municipal. Así mesmo, aprobáronse as prescricións técnicas e as claúsulas administrativas particulares que rexerán na licitación, que se fará por procedemento aberto. Fernández explicou que terán preferencia na adxudicación as proposición presentadas por empresas, tanto públicas como privadas, que no momento de acreditar a súa solvencia teñan na súa plantilla un número de traballadores con discapacidade superior ao 2%. Así mesmo, as proposicións presentadas por empresas dedicadas especificamente á promoción e inserción laboral de persoas en situación de exclusión social.

O anuncio de licitación publicarase no Boletín Oficial da Provincia, así como no perfil do contratante do Concello, na páxina web www.lugo.gal. O prazo de presentación de proposicións será de 15 días naturais contados dende a publicación do BOP.

Oficina de asuntos do rural

Por outra banda, Miguel Fernández anunciou que hoxe mesmo se puxo en marcha a Oficina de asuntos do rural, na 3ª pranta do Centro de Servizos Administrativos do Concello. Tal e como adiantou o voceiro e Concelleiro de Deportes e Medio Rural, está dotada por un funcionario e unha enxeñeira agrónoma, e ofecerá apoio, información e asesoramento para todos os temas do medio rural, de cara a subvencións, liñas de crédito e incluso de seguiento de expedientes. Para Fernández, esta oficina trátase dun “instrumento para contribuír a dinamizar o rural e para presentar proxectos de interese para o ámbito rural”.

Fernández amosou a súa satisfacción, xa que “esta medida supón o cumprimento dun cormpromiso electoral e porque responde a acordos orzamentarios con outros gurpos políticos, que tamén demandaban este servizo”.

Audio

  • Fernández, sobre a Oficina de asuntos do rural | Descarga mp3
  • Fernández, sobre os temas tratados na XG | Descarga mp3

Noticias relacionadas