Adxudicado o contrato de control da lexionelose en instalacións municipais e desratización por 35.000€ ao ano

Mércores, 10 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno aprobou este mércores a adxudicación do contrato de servizos de prevención e control da lexionelose nas instalacións de titularidade municipal e de desinfección, desinsectación e desratización no municipio á empresa Sanal Control Medioambiental por importe de 35.000 euros, IVE incluido, a primeira anualidade.

Segundo informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, das catro mercantís que presentaron oferta na licitación, a Mesa de Contratación seleccionou a Sanal por presentar a oferta máis vantaxosa e con melloras, como o incremento no número de controis e a suba das retribucións do salario base dos traballadores do 15% sobre o establecido no convenio colectivo estatal do sector. A duración do contrato será de dous anos, prorrogables por outros dous.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou na sesión de hoxe conceder licencia para a construción dun edificio na rúa Chantada, de catro plantas e ático, proxecto que conta cun orzamento de 460.000 euros e un prazo de execución de 30 meses, así como a licencia para o desmantelamento dunha infraestrutura gasística e a súa recolocación na estrada Lamablanca, en Coeses, por importe de 52.700€.

Noticias relacionadas