Aberto o prazo de solicitude para as axudas a ONGDs, ás que o Goberno destina uns 80.000 euros

Os colectivos interesados poderán presentar as súas instancias, a través do Rexistro Xeral, ata o 23 de novembro. A contía máxima por asociación é de 3.000 euros

Luns, 05 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello vén de abrir o prazo de solicitude para as axudas a ONGDs, ás que o Goberno destina preto de 80.000 euros. Trátase dunha liña de subvencións destinada ao apoio de organizacións non gubernamentais de desenvolvemento (ONGD) para a realización de proxectos de cooperación en países menos desenvolvidos e de sensibilización social dentro do termo municipal de Lugo. Os colectivos interesados poderán presentar as súas instancias, a través do Rexistro Xeral, ata o 23 de novembro.

Concretamente, para proxectos de cooperación existe unha partida de 70.000 euros e financiarase proxectos que contribúan á cobertura de necesidades básicas: como educación, abastecemento ou alimentación, entre outros; así como proxectos de agricultura. Para a liña de sensiblización destínanse 9.800 euros. A contía máxima por colectivo é de 3.000 euros.

Coa convocatoria destas subvencións, o Goberno de Lugo apoia de novo e renova o seu compromiso cos colectivos que traballan no eido social. 

Audio

Noticias relacionadas