Aberta ao tráfico a Ronda da Muralla, entre a Avenida da Coruña e a Praza Bispo Odoario

Previsiblemente nas noites do mércores ao xoves e do xoves ao vernes, se acometerá a pavimentación entre a rúa San Roque a Bispo Odoario, tendo que adaptar as actuacións de mellora ás condicións metereolóxicas

Xoves, 05 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O tramo da Ronda da Muralla, entre a Avenida da Coruña e a Praza Bispo  Odoario, volve estar aberta ao tráfico logo de 11 días cortada con motivo das obras de asfaltado que se están a levar a cabo en dita Ronda. Do mesmo xeito, xa se pode circular en sentido entrada da cidade dende a Avenida da Coruña.

Previsiblemente a vindeira semana, nas noites do mércores ao xoves e do xoves ao vernes, se acometerá a pavimentación da Ronda, entre a rúa San Roque e Bispo Odoario, tendo que adaptar as actuacións de mellora ás condicións metereolóxicas. O firme da calzada aínda está en obras, polo cal o Concello recomenda circular con especial atención e adaptar a súa velocidade á estipulada pola sinalización circunstancial da obra.

A entidade local realiza as actuacións de mellora, que contan cun orzamento total de 208.000 euros, en varias fases para poder garantir a mobilidade, tanto de vehículos como de peóns. Deste xeito, estableceu tres tramos, entre a Rúa San Roque e a metade da Praza Asturias, entre a outra metade da Praza Asturias e a Avenida da Coruña e un terceiro entre a Avenida da Coruña e a Praza Bispo Odoario.

Noticias relacionadas