Sorteo do programa Aprende Xogando

No día de hoxe dando cumprimento ao establecido no punto 5.3 Prioridades de Acceso das Bases Xerais de Acceso ao Programa “Aprende Xogando” do Concello de Lugo, procedéuse a realización do sorteo para a determinación da letra alfabética correspondente ao primeiro apelido das/os solicitantes que determinará a súa prioridade no acceso ao programa, no suposto de que existira un número de solicitudes superior ao de prazas ofertadas e existira un empate nas condicións que determinan o acceso.

Como resultado do devandito sorteo, no suposto anteriormente referido, terán prioridade de acceso as/os solicitantes cuxo primeiro apelido comence pola letra “T” e seguintes, ata cubrir as prazas ofertadas.