A zona rural conta con máis quilómetros de pistas en aglomerado en quente grazas a unha inversión de 1,5 millóns de euros

As obras están a acometerse en 21 estradas do rural cos remanentes que logrou o Concello grazas á boa xestión económica que levou a cabo o Goberno local

Luns, 14 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Obras de Tirimol

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou na parroquia de Tirimol as obras de mellora que o Concello está a acometer na pista que vai dende o núcleo de A Brea ata a N-VI.

Estes traballos súmanse a outros que se están a levar a cabo para dotar de aglomerado en quente a 21 estradas da zona rural, grazas a un plan que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros financiado cos remanentes que logrou o Concello grazas á boa xestión económica que levou a cabo o Goberno local. Trátase de obras de mellora en pistas das parroquias de Ribas de Miño, Coeses, San Xoán do Campo, Santalla de Bóveda, Santa Comba, Esperante, San Xoán de Pena, Recimil, Rubiás, Benade, Pías e Tirimol.

Esta serie de actuacións responden ás peticións veciñais e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural, para fixar poboación e mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños. “Sabemos do gran potencial do noso rural, que supón o 80% do territorio do municipio e o 10% da poboación”, indicou Miguel Fernández.

Noticias relacionadas