Xuventude e Benestar achegan a arte urbana á mocidade en risco de exclusión social da man dos mellores graffiteiros

O executivo de Lara Méndez quere que o embelecemento da cidade se convirta ao mesmo tempo nun recurso lúdico-formativo dirixido á xuventude máis desfavorecida. 

A primeira edición de Urban Cores terá lugar entre xuño e xullo e intervirase na Casa da Xuventude, nas Casas Sindicais, na Avenida Infanta Elena e na rúa do Esquecemento.

Concepto Circo plasmou o primeiro graffiti na Casa da Xuventude hoxe mesmo.

Mércores, 02 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude e Benestar achegan a arte urbana á mocidade en risco de exclusión social da man dos mellores graffiteiros

As áreas de Xuventude e Benestar Social, que dirixen Mauricio Repetto e Olga López, respectivamente, aúnan forzas para desenvolver o Urban Cores, un evento que nace co propósito de achegar a arte urbana e contemporánea á mocidade en risco de exclusión social.

Con esta cita, que nace con vocación de celebrarse anualmente, o executivo de Lara Méndez pretende que a arte urbana e contemporánea non só sexa unha ferramenta para embelecer e a cidade coa decoración de fachadas e medianeiras, senón que se utilice como un recurso lúdico-formativo dirixido á xuventude máis desfavorecida. E farase, ademais, das mans dos mellores artistas de Lugo e Galicia.

Por iso, programaranse actividades e talleres de graffiti orientados á mocidade. A concelleira de Benestar e Inclusión, Olga López, explicou que serán os servizos sociais municipais os que derivarán a un total de 15 mozos e mozas a estes obradoiros, nos que poderán compartir experiencias cos artistas invitados e, coincidindo co evento de peche, poderán participar nas obras, e observar as distintas técnicas e enfoques de cada artista.

Deste xeito, Lugo únese a tendencia doutras cidades que modernizan o aspecto visual do seu paisaxe urbanístico ao integrar coloridos graffitis, e neste caso tamén cun compoñenente máis social. A presentación deste proxecto desenvolveuse esta mañá na Casa da Xuventude, coa realización da primeira obra nas mesmas instalacións.

Tal e como adiantou Mauricio Repetto nesta presentación, o primeiro Urban Cores terá lugar entre xuño e xullo, e nel contarase cunha representación das e dos artistas máis puxantes de Lugo e Galicia, e un artista invitado, coas que se embelecerán, progresivamente, edificios e espazos públicos, que se converterán en lenzos para as e os artistas especializados no manexo do spray. 

Tal e como adiantou Mauricio, este primeiro Urban Cores terá lugar entre xuño e xullo, e nel contarase cunha representación das e dos artistas máis puxantes de Lugo e Galicia, e un artista invitado.

Esta filosofía repetirase nos vindeiros anos. Concretamente, nesta primeira edición participarán os lucenses DIEGO AS, campión de España de Graffiti e Concepto Circo, que surxe en 2007 como a unión de varios artistas provintes do mundo do graffiti que deciden sumar experiencias para potenciar as súas capacidades.

Na actualidade, acumulan máis de dúas décadas como muralistas pintado graffitis nos festivais máis prestixiosos, tanto nacionais como Europeos; colaborando con artistas de recoñecido prestixio e traballando para marcas, institucións públicas, pemes e particulares. Como artista invitado, este evento contará con Dadospuntocero (Da2.0), que comezou no ano 2020 nos mundos do spray como un hobby convertíndose a día de hoxe nun dos graffiteiros de León que máis tempo leva no muralismo, e facendo da súa aficción unha profesión. Intervirán na Casa da Xuventude, nas Casas Sindicais, na Avenida Infanta Elena e na rúa do Esquecemento, ubicación que acollerá o peche final, no que estarán presentes Noemí Núñez, Natalia Pia, Coitelo, Mosca e Nesui. 

Audio

  • Mauricio Repetto, sobre os mellores graffiteiros | Descargar mp3

Multimedia

  • Xuventude e Benestar achegan a arte urbana á mocidade en risco de exclusión social da man dos mellores graffiteiros

Noticias relacionadas