O número de prazas redúcese nesta camiñada para adaptarse ás novas normas covid, sendo 10 o número máximo de participantes. A saída é ás 10:30 horas
As inscricións realizaranse en xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento, teléfono e foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, covnida á mocidade a unha nova andaina pola sostibilidade, o primeiro venres de setembro, concretamente o día 4, coa que ademais o Concello aproveita para facer un guiño á mobilidade sostible, pois ano tras ano en setembro ten lugar a Semana Europea da Mobilidade.
O número de prazas redúcese nesta camiñada para adaptarse ás novas normas covid, sendo 10 o número máximo de participantes. Poderase ver afectado segundo a evolución e ás limitacións establecidas en cada momento. A saída é ás 10:30 horas, no Parque Rosalía de Castro –diante do busto da escritora- e estará dirixida polo guía local Guido Álvarez Parga.
As mozas e mozos interesados en participar poden inscribirse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE.
A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:
- Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar)
- Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do ontrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda)
- Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes
- E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade