A Xunta Local de Seguridade reúnese para reforzar a coordinación da Policía Local, Nacional e Autonómica ante os últimos feitos acontecidos en Lugo

A Alcaldesa e o Subdelegado do Goberno co presidiron esta xuntanza onde se trataron temas como as pelexas entre a mocidade, as agresións sexuais e os roubos, que segundo Méndez, “nos preocupan a ambas institucións, independentemente de que sexan casos illados”

A rexederora afirmou que o Concello pon a disposición os axentes da Policía Local para colaborar nas labores de vixiancia das forzas e corpos con competencia. Ademais, lembrou a boa acollida da campaña Chamar ao 092

Mércores, 16 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Xunta Local de Seguridade reúnese para reforzar a coordinación da Policía Local, Nacional e Autonómica ante os últimos feitos acontecidos en Lugo

O Salón de Comisións do Concello de Lugo acolleu este mércores unha reunión da Xunta Local de Seguridade, tras poñerse en contacto a Alcaldesa, Lara Méndez, co Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, para abordar os distintos temas de actualidade en materia de seguridade “que nos preocupan a ambas institucións, independentemente de que sexan casos illados”, tal e como asegurou a rexedora.  Méndez e Carballo co presidiron esta xuntanza, na que tamén estiveron presentes mandos da Policía Local, Nacional e Autómica.

Durante o encontro, e tras realizar unha evaluación xeral dos últimos feitos acontecidos en Lugo, puxéronse enriba da mesa cuestións para reforzar a coordinación entre a Policía Local, Nacional e Autonómica. Trátase, como explicou a Alcaldesa, de desenvolver actuacións conxuntas entre Concello e Subdelegación do Goberno, cada un, evidentemente, dentro das súas competencias. Nesta liña, a entidade local, “como non pode ser doutro xeito, e dunha maneira propositiva”, pon a disposición os axentes da Policía Local para colaborar nas labores de vixiancia das forzas e corpoos con competencia, para que cando así o requeriran e o crean necesario, colaboren e busquen sinerxias.

A intensificiación dos axentes faise ao marxe de iniciativas propias como a campaña Chamar ao 092, o teu mellor golpe!, posta en marcha polo Concello “para concienciar que este tipo de actos non son bos, aínda que sexan con certas normas e regras tácticas, e que tivo moi boa acollida e resposta ante a sociedade luguesa”.

Pola súa banda, Carballo aclarou que na xuntanza se abordou  a coordinación dos corpos de seguridade para reforzar a súa presenza nas rúas de Lugo e transmitir seguridade á cidadanía. No tocante ao tema das agresións sexuais de Augas Férreas, Carballo explicou que todo apunta a que foron cometidas por unha única persoa e asegurou que a Policía Nacional traballa cunha lista de sospeitosos e que están pendentes dos resultados das análises das mostras recollidas, por se son suficientes para obter o ADN do agresor. Sobre os recentes roubos en vivendas do rural de Lugo asegurou que se continúa a investigar e que todo apunta á acción dun grupo de delincuentes itinerantes.

Deste modo, as diferentes partes acordaron seguir traballando na liña xa emprendida para continuar mellorar a seguridade de Lugo, sempre de xeito conxunto e coordinado entre as distintas administracións e corpos de seguridade, para que estes casos non se repitan. “O cidadán non entende de competencias de seguridade, senón que entenden de seguridade en xeral, e por iso a importancia de buscar sinerxias e colaboración”, concluíu Lara Méndez.

Noticias relacionadas