A Xunta de Goberno convoca o contrato para un plan de control de pombas na cidade de Lugo

Mércores, 02 de marzo de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe abrir o procedemento de adxudicación do contrato para un plan de control de pombas na cidade de Lugo.

A duración do contrato será de catro anos, sen posibilidade de prórroga, e o presuposto para o primeiro ano será de 14.000 euros, IVE incluído. O valor estimado do contrato ascende a 47.457,64 euros.

A Xunta de Goberno aprobou tamén a revisión de prezos da empresa SOGAMA de acordo co incremento do IPC. Así, pásase de 51,51 euros sen IVE por tonelada durante o ano 2010 a 53,06 euros sen IVE por tonelada para o presente ano 2011. Estímase unha previsión do custo total para o presente ano de 2.171.688,27 euros.

Ademais o Goberno local acordou aprobar o gasto de 81.794 euros correspondentes ó custo máximo da prórroga para o contrato correspondente á subministración de cloro (hipoclorito sódico) e coagulante (policloruro de aluminio) para a actual ETAP. Ambos contratos serán por un período máximo dun ano.

Na reunión que celebrou hoxe a Xunta de Goberno aprobouse tamén a contratación das obras de construción dun edificio dotacional destinado á Policía local e Protección Civil, consistente nun cambio nos materiais, que non ten custo para o Concello e que non modifica as condicións do contrato. Así mesmo, acordouse o nomeamento como funcionarios de carreira aos catro aspirantes aprobados nas catro prazas de Axente de Mobilidade.

Multimedia

Noticias relacionadas