A xunta de goberno aproba múltiples intervencións en toda a cidade correspondentes á área de Mobilidade e Infraestruturas

Rubén Arroxo: “asfaltarase a Travesía Virxe da Esperanza e múltiples vías de Castelo, dúas intervencións moi solicitadas pola veciñanza e que mellorarán a imaxe da contorna”

O Tenente de Alcalde puntualizou que “hoxe iníciase o procedemento de contratación dunha serie de actuacións necesarias para Lugo”

Xoves, 06 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A xunta de goberno aproba múltiples intervencións en toda a cidade correspondentes á área de Mobilidade e Infraestruturas

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou das actuacións que a concellería de Infraestruturas Urbanas iniciará despois de seren aprobadas pola Xunta de Goberno de hoxe. “Son actuacións en 5 zonas distintas de Lugo que permitirán mellorar a imaxe da contorna e a calidade de vida da veciñanza”.

“A Xunta de Goberno de hoxe abriu o procedemento para contratar o asfaltado da travesía Virxe da Esperanza, que foi moi solicitada nos últimos tempos polas veciñas e veciños”, declarou Rubén Arroxo, que engadiu “realizaremos tamén asfaltados no barrio de Castelo, na contorna do Camiño Primitivo, o que mellorará a entrada a Lugo e os accesos ás distintas vivendas do barrio”.

Na zona norte da cidade a área de Mobilidade iniciou hoxe o proceso de contratación de tres melloras, entre as que destaca a humanización do treito da rúa Mazaira, entre a rúa das Fontes e Mar Cantábrico. Rubén Arroxo explicou que “con esta actuación pretendemos mellorar a imaxe da zona, mantendo as prazas de aparcamento que hai actualmente”. A maiores, Rubén Arroxo explicou que se amañará a beirarrúa da rúa Río Eo e se mellorará o pavimento do Camiño de Namela no barrio de Albeiros.

Multimedia

  • A xunta de goberno aproba múltiples intervencións en toda a cidade correspondentes á área de Mobilidade e Infraestruturas

Noticias relacionadas