XII Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics de Galicia contará coa participación duns 400 deportistas

Venres, 24 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellerira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na presentación dos XII Xogos Autonómicos de Baloncesto, Special Olympics Galicia que se celebrarán esta fin de semana en Lugo.

Na presentación deste evento deportivo no que participarán ao redor de 400 deportistas con discapacidade intelectual estiveron tamén presentes o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao; a Presidenta de ASPNAIS, Concepción Teijeiro; a delegada de vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez; o director deportivo da Fundación Balongal, Cristino Menor Parra; o Director Deportivo da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón,  Rubén Engroba; e o vicepresidente de Special Olympics Galicia, Julio Cortiñas.

A Concelleira de Muller e Benestar Social explicou que “ o deporte é moi importante xa que é unha opción e unha oportunidade para a incorporación das personas con discapacidade á sociedade de forma activa, pero ademais a súa práctica habitual inflúe no desenvolvemento persoal e mellora a calidade de vida e da saúde”. Basadre suliñou “a necesidade de non esquecer aos protagonistas do deporte adaptado, xa que son indispensables, e debemos encamiñar todo o noso esforzo cara eles, xa que as diferencias non etán nas persoas senon nas oportunidades”.

Special Olympics persegue con esta actividade ofrecer un sistema de competición a tódalas asociacións de persoas con discapacidade intelectual que están a traballar ao longo de todo o ano as diferentes modalidades deportivas pero que precisan un aliciente para o adestramento e a superación diaria. Ademais, preténdese dar unha maior relevancia aos deportes minoritarios e aos deportes de probas adaptadas as persoas, así como formara aos técnicos deportivos para ofertar unha calidade á hora de adestrar.

Por outra banda a organización pretende ter puntos de encontro nos que participen todas aquelas persoas con discapacidade intelectual que queiran e demostrar á sociedade que poden facer diferentes activiades contando co apoio necesario.

Noticias relacionadas