A vindeira semana celébrase na cidade o IV Encontro das Culturas

Venres, 20 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza o IV Encontro das Culturas, que terá lugar o 26, 27 e 28 de maio na cidade, e que contará con diversas actividades como mesas redondas, proxeccións, charlas-coloquio e mesmo un concerto. Todas as actividades celebraranse no Centro de Convivencia María Balteira agás o concerto, que será no Salón de Actos do Centro de Convivencia de Fingoi.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, destacou que o obxectivo destes encontros é o de dar información, convivir, coñecer, integrar, participar e promover a inserción das persoas inmigrantes que viven na cidade de Lugo.

Programación IV Encontro das Culturas

Xoves 26 de maio

Ás 19.30 horas, no Centro de Convivencia María Balteira, terá lugar a inauguración do acto e a celebración da mesa redonda “Convivencia intercultural na cidade de Lugo. Experiencias”.

Participan: Isabel Ozores Sieira (Asesora xurídica da Unidade de Atención ás Migracións do Concello de Lugo), Nuria García Calvo (Fundación Juan Soñador. Experiencia da Casa de Acollida do programa Teranga de atención a inmigrantes), María Teijeiro Gorgoso (Educadora dos obradoiros de “Castelán para estranxeiros”, incluídos na programación de animación sociocultural do Concello de Lugo) e Elisabeth Luna (Traballadora doméstica. Vivencia persoal da emigración).

Venres 27 de maio

Ás 19.30 horas, no Centro de Convivencia María Balteira, terá lugar a proxección dun documental e unha charla-coloquio.

Asociación de Rioplatenses de Lugo. Proxección do Documental “América o el Shangai. Crónica da emigración galega do século XIX”. Testemuña dunha persoa galega na emigración.

Sábado 28 de maio

Ás 11.00 horas - Charla-coloquio: “Descubrindo o Islam”, a cargo de Karima Maayad Ep Merrech.

Ás 12.00 horas - Comezo do obradoiro de Maquillaxe de Henna.

Ás 13.00 horas - Charla-coloquio: Perú “Un país de ensueño” a cargo da Asociación Sociocultural Perú-Lugo.

Ás 13.30 horas terá lugar unha degustación da cociña tradicional e exposición de artesanía peruana.

Ás 18.30 horas, no Centro de Convivencia de Fingoi, terá lugar o concerto “Viaxe a través da música”, a cargo de Galu Ternaga (Senegal), Beppe Branca (Italia) e A Volta do Agro (Galicia).

Multimedia

Noticias relacionadas