Lara Méndez e Manuel Núñez comprobaron as tarefas de acondicionamento, que engloban a substitución das redes de abastecemento e saneamento e a reposición do firme
- Tema

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, comprobou in situ este martes as tarefas de acondicionamento da rúa Flor de Lis, no barrio da Abella, unhas obras cun orzamento de 54.000 euros, achegado polo Goberno do Concello e o da Deputación, a través do Plan Único.
Concretamente, cambiouse a tubería de abastecemento existente, de PVC encolado, por outra de fundición dúctil. Tamén se renovou a da rede de saneamento, que queda configurada por un colector executado en tubería lisa. A rede inclúe todos os elementos complementarios como pozos de formigón, sumidoiros e acometidas domiciliarias, así como a instalación de rexillas para que a auga non entre nas casas do final da rúa, por temas de pendente. Tamén se executou a obra para o soterramento da instalación de alumeado público.
As tarefas comtemplaron a execución execución dun itinerario peonil, pavimentado a base de formigón, dando continuidade deste modo á rúa Oliveira e a reparación do pavimento de calzada, tarefas que se estaban acometendo esta mesma tarde. Tamén se aproveitará para renovar a sinalización horizontal e colocar sinalización vertical complementaria.