A Alcaldesa e o Concelleiro de Educación presentaron esta publicación, que recolle as obras premiadas nas edicións do 2017 e 2018
- Tema

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, presentaron este mércores, no Salón de Plenos, un libro cos relatos curtos premiados no certame Trapero Pardo, nun acto ao que asistiron as autoras e os autores dos relatos, as súas familias e unha traballadora da área de educación, tamén secretaria do xurado dos certames de Trapero Pardo, Margarita Calderón. Ademais, estiveron presentes representantes dos centros educativos aos que pertencen os gañadores e gañadoras.
O Concello edita unha vez máis esta publicación que recolle os contos gañadores de dúas edicións deste certame, organizado pola área de educación para mozos e mozas de 12 a 18 anos de idade de calquera centro educativo de Lugo. Nesta ocasión, aparecen publicados os traballos gañadores de 2016 e 2017.
As obras recollidas neste libro son as seguintes:
- Ano 2016
Categoría de 12 a 14 anos
1º Premio: Santiago García Rivas coa obra Néboa gris, do CPR Divino Maestro de Lugo.
2º Premio: Lucía Carreira Carregal coa obra Cláudia, do CPR Divino Maestro de Lugo.
3º Premio: Carlos López Vila coa obra O misterio do Caldo de Don Miguel, do CRP PP Franciscanos de Lugo.
Categoría de 15 a 18 anos
1º Premio: Andrea Estrella Arias Díaz coa obra Me-Amor-fose, do IES Ánxel Fole de Lugo.
2º Premio: Sonsoles Quiroga Gutiérrez coa obra Avións de papel, do IES Nsa. Sr. dos Ollos Grandes de Lugo.
3º Premio: Roque Fernández Iglesias coa obra Abrir os ollos, do CRP PP Franciscanos de Lugo.
Accésit: Sofía Santos Ulloa coa obra Bágoas de cor, do IES Lucus Augusti de Lugo.
- Ano 2017
Categoría de 12 a 14 anos
1º Premio: María Pombo Valcárcel coa obra Diario dos Soños, do Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria.
2º Premio: Santiago García Rivas coa obra Ionqui, do CPR Divino Maestro de Lugo.
3º Premio: Luana Valiño Piñeiro coa obra O tempo é ouro, do Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria.