Rubén Arroxo presenta a sexta edición do Muralleando, festival das agrupacións musicais de Lugo que volve un ano máis á Mosqueira

20 concertos terán lugar na praza da Mosqueira entre o 04 de xullo e o 06 de setembro.

Arroxo: "O Muralleando xa é unha cita consolidada no calendario das actividades culturais do verán".

Mércores, 02 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo presenta a sexta edición do Muralleando, festival das agrupacións musicais de Lugo que volve un ano máis á Mosqueira

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou a sexta edición ciclo de concertos Muralleando, que abrirá a Praza da Mosqueira ás distintas agrupacións musicais de Lugo. En total, 20 agrupacións mostrarán a súa música con concertos gratuítos que terán lugar os venres e sábados, a partir das 20:30, entre o 4 de xullo e o 31 de agosto.

O Tenente de Alcalde explicou que "esta sexta edición consolida ao Muralleando como unha das actividades culturais máis importantes para os meses de verán, converténdose no punto de encontro das agrupacións locais, mantendo a Muralla como protagonista ao celebrarse na Praza da Mosqueira, un dos espazos máis importantes na programación cultural ao longo do ano".

Rubén Arroxo lembrou que "os concertos do Muralleando apareceron xusto despois do confinamento, no ano 2020, co obxectivo de animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local, que vira anulados moitos eventos". Arroxo destacou que a praza da Mosqueira "permite organizar actividades culturais e de ocio respectando a visión da gran concentración de patrimonio que hai nesta zona", en referencia á propia Mosqueira e ao edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.

Programa Muralleando 2025

XULLO

  • 4 - A VOLTA DO AGRO
  • 5 - DIEGO FLÂNEUR E UNDER
  • 11 - MINTONS JAZZ
  • 12 - UNA MESA PARA DOS
  • 18 - BANDA FILHARMÓNICA
  • 19 - LORA HACE PAM E OS EMÉRITOS
  • 25 - CANTIGAS E FRORES
  • 26 - FRAN ZELOP

AGOSTO

  • 1 - DZETA , GARRI , JOTAM , ZAWAR
  • 2 - BRANCA VILLARES E PABLO PINTOR
  • 8 - LOS HIJOS DE LA VECINA
  • 9 - MILESIOS
  • 15 - PHYSICAL GRAFFITI
  • 16 - VERTER GZ
  • 22 - FUNÁMBOLA E OS CEOS QUEBRADIZOS
  • 23 - PUNK'ON KEIXO
  • 29 - MUSTÉLIDOS
  • 30 - CHEMICAL ADICCTS E CIRCUNCISIÓN TOTAL

SETEMBRO

  • 5 - KT, LIDIA LCHAO, SHERA, SILE 
  • 6 - LOS JOROBADOS DEL MIÑO

Audio

  • O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, sobre os concertos do Muralleando| Descargar mp3

Noticias relacionadas