Rubén Arroxo e Cristina López visitan Da Lonxa ao Prato, que vén de comezar a súa actividade no Mercado Municipal

Cristina López: “segiumos traballando para ocupar a totalidade dos postos da praza e do Mercado”

A pescadería instalouse nos postos 21 e 22 do Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros, e ofertará a diario peixe da Lonxa de Ribeira

Mércores, 23 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López visitan Da Lonxa ao Prato, que vén de comezar a súa actividade no Mercado Municipal

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Participación, Cristina López, visitaron Da Lonxa ao Prato, a nova pescadería que vén de iniciar a actividade nos postos 21 e 22 Mercado Municipal. Da Lonxa ao Prato ofertará a diario peixe procedente da Lonxa de Ribeira, “aumentando os negocios con productos de calidade polos que se caracterizan a Praza de Abastos e o Mercado Municipal”, explicou Cristina López.

A edil de Participación e o Tenente Alcalde visitaron o posto e déronlle a benvida a este novo negocio. Cristina López explicou que “seguimos traballando para ocupar a totalidade dos postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal con propostas de calidade, que atendan as demandas da veciñanza”.

A edil de Participación declarou que “en Lugo contamos cun mercado dinámico e actual, con productos de proximidade e con escasa manipulación, e con postos atendidos por profesionais que demostran día a día a súa experiencia no sector”. “A peonalización de Quiroga Ballesteros aumentará a cantidade de visitantes destas dúas instalacións históricas da cidade como son a Praza e o Mercado”, declarou Cristina López.

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Cristina López visitan Da Lonxa ao Prato, que vén de comezar a súa actividade no Mercado Municipal

Noticias relacionadas