A rúa Montero Ríos conta con nova canalización do sistema de abastecemento de auga cunha inversión de 75.000 euros

Xoves, 14 de agosto de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, visitou esta mañá o remate das obras de renovación da canalización do sistema de abastacemento de auga que se estiveron facendo na beirarrúa impar da rúa Montero Ríos.

Luis Álvarez explicou que “ante as sucesivas averías das canalizacións desta rúa que ademais eran de fibrocemento o Concello tomou a iniciativa de cambiar toda a canalización do marxe esquerdo da rúa”. Así a obra que tivo un prazo de mes e medio e un orzamento de 75.000 euros consistiu na instalación de 410 metros de tubería de fundición revestidas para garantir a súa durabilidade e 19 acometidas de agua para os edificios.
A contratación foi realizada por vía de urxencia, isto fíxose coa finalidade de axilizar todo o posible a tramitación administrativa dun proxecto co que se lle dá unha solución definitiva aos problemas de abastecemento de auga causados polas roturas da tubería que se produciron nesta rúa. 
Ademais puxéronse 589 metros cadrados de novas beirarrúas e “cumpriuse cunha petición histórica dos veciños e veciñas como era a eliminación da rasante existente na unión da rúa Rafael de Vega e a de Montero Ríos” segundo Luis Álvarez que tamén quixo avanzar que “o Concello vai seguir renovando as rúas nas que quedan tuberías de fibrocemento segundo se vaian rompendo para eliminalas completamente da cidade”.

Multimedia

Noticias relacionadas